Estatutos
Conoce los estatutos del Club

Club Piraguismo Illa de Arusa

Estatutos

CAPITULO I:

 NORMAS XERAIS:

  

Artigo 1º.- O CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA é unha Asociación privada con personalidade xurídica e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu nivel e destinatario.

Artigo 2º. Son fins do CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA, o fomento e práctica da actividade física e deportiva (dirixida a socios e non socios da asociación) para o cal poderá organizar calquera actividade deportiva tanto con obxectivo de rendemento deportivo como sen el. Poderán realizar actividades complementarias, non incompatibles co seu obxecto social, de carácter industrial, comercial ou de servizos e destinar os seus bens ou recursos a estes obxectivos. Os ingresos obtidos por estas actividades serán utilizados para o cumprimento do obxecto social e non poderán ser repartidos directa ou indirectamente entre os seus membros.

Para o cumprimento dos seus fins, organizará actividades deportivas de diversa índole. A actividade principal da entidade é o piragüismo, completando esta con outras prácticas deportivas, como son: spinning, pilates, ioga, exercicios aeróbicos, crossfit, adestramento de alta intensidade, musculación, adestramento de mantemento, adestramento funcional, localizada e aparatos.

O CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA poderá desenrolar outras modalidades deportivas, e inscribirse nas federación correspondentes, previo acordo da Xunta Directiva.

Ademais, poderá desenrolar actividades tendentes ao recreo e o esparexemento e todas aquelas actividades que, estando permitidas por lei, teñan relación directa ou indirecta cos seus fins.

O CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA solicitará a ratificación dos Estatutos e a inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, de conformidade coa Lei 3/2012, do 2 de abril.

1

Artigo 3º.- O domicilio social do Club PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA

fíxase na rúa LUGAR O BAO, S/N, C.P. 36626, poboación A ILLA DE AROUSA, Concello de A ILLA DE AROUSA, Provincia de PONTEVEDRA

Teléfono 625336324 , fax      , e-mail piraguilla2@hotmail.com

 

O Presidente cando as circunstancias o aconsellen, poderá acordar o cambio do domicilio social dentro da mesma localidade. Para o traslado do domicilio a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, será necesario o acordo maioritario da Asemblea Xeral Extraordinaria.

En ámbolos casos, o traslado de domicilio social non implicará modificación estatutaria, e terá de ser notificado aos socios, e ao Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

CAPITULO II

 

CLASES DE SOCIOS, ADMISIÓN, DEREITOS E OBRIGACIÓNS

 

Artigo 4º.- O número de socios será ilimitado. A Asemblea Xeral poderá suspender, non obstante, a admisión de novos socios cando así o esixan razóns de aforo ou capacidade física das instalacións. Os socios poderán ser das seguintes clases: de número, honorarios, aspirantes e familiares.

Artigo 5º.- Son socios de número todas as persoas maiores de idade, que satisfagan a cota social establecida pola Asemblea Xeral.

Os menores de 18 anos, clasificaranse como socios aspirantes, tendo dereito ao uso das instalacións sociais mediante a cota que se fixe e pasarán automaticamente a ser socios de número ao cumpriren a maioría de idade.

Serán socios honorarios aquelas persoas ás que a Asemblea Xeral confira esta distinción e terán un posto de preferencia nos actos oficiais da sociedade.

Son socios familiares todas aquelas persoas que dependan economicamente dun socio de número e convivan con el no mesmo domicilio

2

Artigo 6º.-

1.- Os socios de número terán os seguintes dereitos:

  1. Contribuír ao cumprimento dos fins específicos da asociación.
  2. Esixir que a Asociación se axuste ao disposto na normativa autonómica deportiva e ao establecido nos presentes Estatutos.
  3. Separarse libremente da Asociación .
  1. Coñecer as actividades da Asociación e examinar a súa documentación, previa petición razoada ao Presidente.
  2. Expor libremente as súas opinións no seo da Asociación.
  3. Ser elector e elixible para os órganos de representación e goberno da Asociación, sempre que teña plena capacidade de obrar.

2.- Son obrigacións dos socios de número:

 

  1. Aboar as cotas que esixa a Asemblea
  2. Contribuír ao sostemento e difusión do deporte ou modalidades
  3. Acatar cantas disposicións dite a Asemblea Xeral, a Xunta Directiva ou Presidencia, para o bo goberno da sociedade.

3.- Os socios aspirantes terán dereito a aproveitarse dos servizos e instalacións sociais da Asociación.

4.- Os familiares dos socios de número terán dereito a aproveitarse daqueles servizos e instalacións que se determinen, previo pago da cota fixada.

Artigo 7º.- Para ser admitido como socio, en calquera das súas modalidades, será necesario:

  • Ter a idade sinalada para cada unha
  • Solicitude por escrito dirixida á
  • Satisfacer a cota de ingreso

Artigo 8º.- A condición de socio pérdese:

  • Por vontade
  • Por falta de pago das cotas sociais durante tres meses consecutivos, previo requirimento de pago, e consecuente Resolución da Presidencia.
  • Por acordo da presidencia no seu caso, fundado en faltas de carácter grave, previa audiencia da persoa interesada, que haberá de ser ratificado na primeira asemblea xeral que se
  • Por calquera outra causa establecida na lexislación

CAPITULO III

ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN E GOBERNO

 

Artigo 9º.-

Son Órganos de representación e goberno do Club, a Asemblea Xeral e a Presidencia.

Artigo 10º.-

A Presidencia é o órgano executivo do Club, posúe a representación legal, convoca e preside os órganos de representación e goberno executando os acordos destes.

O cargo de Presidente é a título gratuíto e carente de interese nos resultados económicos da explotación, por si mesmo ou a través de persoa interposta.

Será elixido mediante sufraxio libre, directo, o igual e secreto por e entre os membros da Asemblea Xeral, cada 4 anos.

Artigo 11º.-

O Presidente cesará por:

  1. Transcorrer o prazo polo que foi
  2. Dimisión.
  3. Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu
  4. Aprobación dunha moción de censura pola Asemblea
  5. Inhabilitación por sentencia xudicial firme ou sanción

Artigo 12º.-

1.- Como órgano complementario dos de goberno e representación poderá haber unha xunta directiva que actuará como órgano colexiado de xestión do Club, e exercerá as funcións que este estatuto lle confire.

2.- Os membros da Xunta Directiva serán designados e revocados libremente pola presidencia, debendo dar conta diso na primeira Asemblea Xeral que se celebre. Da mesma formará parte un secretario e un tesoureiro. Todos os cargos serán gratuítos e carecen de interese nos resultados económicos do club por si mesmos ou persoa interposta.

Artigo 13º.-

1.- A Xunta Directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando concorran a ela a maioría dos seus membros. En segunda convocatoria será suficiente a concorrencia, polo menos, de tres dos seus membros, e, en todo caso da Presidencia.

2.- A Xunta Directiva convocarase pola Presidencia, con dous días de antelación como mínimo, á data de celebración.

A Xunta Directiva quedará tamén validamente constituída, cando estean presentes todos os seus membros, aínda que non houbera mediado convocatoria previa.

3.- En especial corresponde á Xunta Directiva:

  1. Dirixir a xestión do Club, velando polo cumprimento do seu obxecto
  2. Formular o inventario, memoria e presuposto anual, que se someterá a aprobación da
  3. Aplicar todas as medidas deportivas, económicas e administrativas precisas para o fomento e desenvolvemento do deporte dentro do Club.

6

Artigo 14º.-

O Secretario da Xunta Directiva coidará do arquivo da documentación, redactará cantos documentos afecten á marcha administrativa da Asociación e levará o Libro de rexistro de socios e o Libro de Actas.

Artigo 15º.-

1.- O Tesoureiro da Xunta Directiva será o depositario da Asociación, asinará os recibos, autorizará os pagos e levará os Libros de Contabilidade.

2.- Será obriga do Tesoureiro formalizar, durante o primeiro mes de cada ano, un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, que se porán en coñecemento de todos os asociados.

Club Piraguismo Illa de Arousa
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.