6 motivos polos que practicar spinning

23 Xan 2017
Piragüismo_Arousa
3286
0
6 motivos para practicar spinning

2 minutos

O spinning é unha actividade que nos últimos anos cobrou unha gran importancia debido á cantidade de xente que, cada vez máis, descobre nel unha oportunidade para perder peso, mellorar o tren inferior e desafogarse en clases grupales, intensas e de curta duración. É por todo isto que, se todavía non o practicas, invítoche a seguir lendo e verás como ao final do artigo vas querer estar montado nunha bici.

O spinning é unha máquina de quemar calorías

Tendo en conta a duración dunha clase de spinning (entorno a 45 minutos), podo asegurar que non atoparedes moitas actividades que quemen tal cantidade de calorías. Cunha media de 500 calorías por clase, o spinning é unha das opcións máis a ter en conta se queremos perder peso rapidamente e non temos demasiado tempo.

O spinning é personalizable

Certo é que as clases se desenrolan en grupo, pero iso non impide que cada quen vaia ao seu ritmo xa que o axuste da resistencia dos pedales é algo que non marca nin a clase nin o monitor, nós somos os encargados de ver ata onde podemos chegar. Isto fai posible que unha persoa na súa primeira clase pase totalmente desapercibida e que a mistura entre xente de diferentes niveis sexa posible sen que ninguén perda a súa progresión.

Unha clase de spinning non é “algo máis no día”

Non é preciso nin participar nunha clase para sentir a forza que transmite, unha combinación de música, gritos e motivación que inundan todo o ximnasio. Non hay nada mellor para rematar un duro día de traballo que montarse na bici e absorber toda a enerxía que xera dalo todo pedaleando ao ritmo da música. Unha enerxía que non se limita á clase e que se mantén presente ata o día seguinte, liberando mente e corpo de todos os problemas e preocupacións.

Co spinning tamén fortaleces os abdominais

Aínda que é algo que ao principio podes non notar, o feito de manterse erguido na bicicleta fai que os abdominais estean tamén a traballar. Aínda que non son o esencial a potenciar nunha clase de spinning, a mellora que acadaremos co paso do tempo nos axudará a sentirnos moito mellor enriba da bici e poderemos optimizar os nosos resultados.

O spinning dáche forza mental

Tan importante é que o noso corpo estea preparado para realizar esforzo como a nosa mente. Nestas clases tan intensas, a autodisciplina e o autocontrol son imprescindibles, así que cada vez que decidas aumentar a resistencia e dar un pouco máis, será por haber mellorado, non so físicamente, senon tamén mentalmente. Ademáis disto, a sensación de satisfacción que tes nada máis baixar da bici é enorme e vas máis feliz que unhas páscuas para a ducha.

Coñece xente practicando spinning

Ao igual que todas as clases colectivas, estar tan preto de xente practicando o mesmo exercicio ca tí e compartindo a mesma ilusión e esforzo, fai posible que entablar conversación non sexa unha tarea para nada complicada.

Queres probalo nas túas propias carnes?


 

Horarios clases spinning para socios:  Luns e Mércores de 10:00 a 11:00

Faite socio ou contáctanos

bicicletas estáticas
Cargando comentarios desde Facebook...