Beneficios ximnasia de mantemento

23 Xan 2017
Piragüismo_Arousa
2183
0
Ximnasia mantemento

1 minuto

A ximnasia de mantemento, como o seu propio nome indica, busca o mantemento dun bo estado físico por medio de exercicios simples aptos para todos os públicos. Aínda que moita xente pensa que a ximnasia de mantemento está pensada só para persoas maiores, imos ver que isto non é así, xa que todo o mundo pode beneficiarse da súa práctica.

Beneficios da ximnasia de mantemento

  • Disminúe o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares.
  • Axúdanos a controlar o peso.
  • Prevén a hipertensión e a diabetes.
  • É unha boa práctica para a recuperación de lesións en articulacións.
  • Tonifica a musculatura.
  • Mellora a capacidade respiratoria.
  • Prevén a osteoporosis.
  • Mantén o noso corpo activo e fortalecido.

A esta lista temos que sumarlle dous datos importantes: que a súa práctica pode levarse a cabo tamén na casa, complementando así os días que non poidamos participar nas clases e que, polo menos no noso caso, pasas un moi bo rato e votas unhas risas.


 

Horarios clases ximnasia de mantemento para socios:  Luns, Mércores e Venres de 10:00 a 11:00

Faite socio ou contáctanos

Cargando comentarios desde Facebook...